Affinity Card

Affinity Card é a tarxeta de pagamento para todas as cadeas do Grupo Inditex: Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe. Ofrece facilidades de pagamento e moitas outras vantaxes. De momento, a tarxeta Affinity Card está dispoñible nos seguintes países:

Tarxeta regalo

Porque sabemos o difícil que é acertar co talle, a cor, a peza de roupa... agora poñémosche máis fácil comprar os teus regalos. Podes elixir entre unha TARXETA REGALO física, que lle chegará ao destinatario nun exclusivo packaging de Pull&Bear, ou unha TARXETA REGALO VIRTUAL, que se enviará por correo electrónico o día que ti decidas e que che poderá solucionar unha urxencia de última hora ou ter que estar pendente de recibir o envío.

En ambos os dous casos, as TARXETAS REGALO pódense utilizar tanto en tendas online coma en tendas físicas de calquera das marcas do Grupo Inditex en España: Pull&Bear, Zara, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Lefties; e só en tendas físicas de Kiddy’s Class.

Agora xa podes usar a túa tarxeta regalo en calquera das marcas do Grupo INDITEX.

MÁIS INFORMACIÓN:

Arranxos

* EXCLUSIVO EN TENDAS FÍSICAS

Pull&Bear realiza arranxos sinxelos das pezas de roupa de temporada por solicitude do cliente e como servizo de pagamento. A lista de prezos está dispoñible nos puntos de venda. Se adquiriches unha peza de roupa a través da páxina web e queres que cha arranxemos, deberás acudir a unha tenda física.

Coidado dos artigos

Como conseguir que a miña roupa dure máis tempo no mesmo estado en que a comprei? Teño que levar unha peza de roupa á tinturería? A que temperatura lle paso o ferro á miña camisa? Aprende a interpretar as etiquetas e os símbolos para que sempre luzas o mellor aspecto.

OS SÍMBOLOS

Coñece os símbolos das etiquetas de lavado e segue sempre as súas instrucións, xa que foron comprobadas previamente por expertos nun laboratorio para garantir a calidade das nosas pezas de roupa.

LAVADO

 

Á máquina. Non superar a temperatura indicada.

 

Á man. Non superar os 40 graos de temperatura.

     

Á man ou á máquina cun programa de centrifugación curta e respectando sempre a temperatura indicada.

 

En seco. Non admite auga.

BRANQUEADORES / LIXIVIA

 

Podes utilizar lixivia.

 

Non podes utilizar lixivia.

PASAR O FERRO

 

Pezas de roupa que non resisten o ferro de pasar.

  110º/230ºF     150º/302ºF     200º/392ºF  

Pezas de roupa ás que se lles pode pasar o ferro, respectando a temperatura indicada.

LIMPEZA EN SECO / TINTURERÍA

 

Con calquera tipo de disolvente.

 

Só con produtos minerais.

 

Limpeza con percloroetileno.

 

Pezas de roupa que non admiten lavado e é necesario acudir a un servizo profesional.

SECADO

 

Colgar a peza de roupa húmida nunha corda ou barra, dentro ou fóra da casa, sen escorrer nin sacudir previamente.

 

Poñer a peza de roupa nunha superficie horizontal para que seque.

 

Admite secadora a temperatura moderada.

 

Non admite secadora.

CONSELLOS PRÁCTICOS

Debo lavar unha peza de roupa?

Hai veces que con ventilar e cepillar as pezas de roupa é suficiente se non están sucias. Se o fas, aforrarás enerxía e a túa roupa durará máis.

Deterxente

Se utilizas un deterxente con etiquetas ecolóxicas, axudarás a protexer o medio. Procura non utilizar máis deterxente do que aparece nas instrucións do envase. Utilizar cantidades superiores pode provocar manchas na roupa e causar problemas cutáneos.

Suavizante

O suavizante é un gasto innecesario e resulta altamente daniño para o medio.

Lixivia

Utiliza a lixivia só en auga fría e unha hora como máximo. Non empregues recipientes de ferro, cobre ou latón.

Lavado á man

Lembra disolver ben o deterxente antes de introducir a roupa. Nos primeiros lavados, separa a peza de roupa, xa que a auga pode colorearse.

A lavadora

Utiliza a lavadora a plena capacidade. Para lavar poucas pezas de roupa, é recomendable utilizar un programa de baixo consumo enerxético, opción existente na maioría das lavadoras modernas. Lembra baleirar os petos.

Temperatura de lavado

Respecta sempre a temperatura de lavado indicada. As pezas de roupa de cor que deban lavarse a 60 graos poden destinguir se se lavan a 40 graos ou á man. Non sempre é mellor lavar a menor temperatura.

Secado

É aconsellable centrifugar ben a roupa antes de secala. Lembra que o aire libre é a mellor secadora, pero evita expoñer as pezas de roupa directamente ao sol para que non perdan a cor.

Ferro de pasar

Clasifica as túas pezas de roupa segundo o grao de temperatura da etiqueta e comeza pola máis baixa. É mellor que a roupa estea algo húmida para pasarlle o ferro. Ao finalizar, e antes de que se arrefríe o ferro de pasar, elimina cun trapo húmido calquera resto que quedase pegado.

Recicla a túa roupa

As pezas de roupa que xa non uses, dóallelas a organizacións que as distribúen a persoas necesitadas. Así prolongarás a vida útil da túa roupa.

Denim

O denim débelle ese aspecto a unha técnica de coloración que, ao lavalo, poida desprender pequenos pigmentos de cor que destinguen. Lava os vaqueiros do revés para que non perdan cor e se evite a formación de marcas brancas nas engurras.

Penuxes

Mete pelotas de tenis na secadora para conseguir unha distribución uniforme do recheo.

Pezas de roupa de punto groso

As pezas de roupa de punto groso han de secarse envoltas nunha toalla e en posición horizontal, para que conserven a súa forma orixinal.

Roupa impermeable

Para secar a roupa impermeable só hai que deixala escorrer. Se prefires metela na secadora, lembra que ha de ser sempre a temperaturas moi baixas.

OS TECIDOS

La

Encolle se se lava a temperatura moi alta e defórmase se se seca colgada. É un bo illante térmico. Tende a amazocarse e a amarelecer.

Algodón

Encolle se se lava a demasiada temperatura. Resiste ben o ferro de pasar e, se ten cor, debe lavarse por separado a primeira vez. É fresco, flexible e de alta resistencia. Tende a engurrarse.

Liño

Debe lavarse sempre á man, a baixas temperaturas e sen centrifugarse. Resiste ben o ferro de pasar. É fresco e agradable ao tacto e resiste ben a sucidade.

Seda

Non admite temperaturas moi altas nin centrifugación. Debe pasárselle o ferro sen vapor e a baixa temperatura. É forte, lixeiro, de tacto agradable e fixa ben as cores. É delicado. Con manchas rebeldes require a atención dun profesional.

Acetato, raión ou viscosa

Non deben centrifugarse para evitar deformacións. Teñen tacto sedoso e fixan ben as cores. Teñen baixa resistencia en estado húmido, arden con facilidade e cárganse de electricidade estática.

Poliéster ou nailon

Son sensibles á calor, deben lavarse en auga tépeda e ha de pasárselles o ferro a baixa temperatura sen vapor. Son moi resistentes, engúrranse pouco e fixan ben as cores. Arden con facilidade e cárganse de electricidade estática.

Coidados do calzado

TECIDOS

     

Tratar cun pano, lavar con auga fría e xabón neutro, evitando empapar o zapato. Truco: pódense utilizar quitamanchas dos utilizados para a roupa.

ANTE/NOBUCK/SERRAXE

         

Spray hidrofugante para evitar manchas. Non dar crema para manter o seu acabado afelpado. Truco: Se puede utilizar spray repelente del polvo (hidrofugante para mopas).

CHARÓN/ANTIC

   

Pasar un algodón impregnado en leite ou vinagre para quitar manchas, pasar pano seco e refregar para sacar brillo. Truco: refregar enerxicamente reavivará o brillo orixinal.

NAPA/PULL-UP/BOXCALF

         

Quitar o po cun pano de algodón seco e refregar para dar brillo. Pódese dar crema incolora ou ao ton da pel. Truco: refregar cunha esponxa suave con crema natural incolora.

ENGRAXADOS

     

Pasar cepillo e aplicar graxa especial para estas peles. Truco: utilizar graxa de cabalo ou ceras naturais.

COIRO

         

Quitar o po cun pano de algodón seco e refregar para dar brillo. Pódese dar crema incolora ou ao ton da pel. Truco: se persiste algunha mancha pasar un pano humedecido con auga e xabón neutro.

PEL RECTIFICADA

       

Refregar cun pano húmido co fin de eliminar as posibles manchas superficiais. Truco: en caso de manchas non superficiais, utilizar o reparador branco de calquera marca.

SINTÉTICO

     

Refregar cun pano húmido co fin de eliminar as posibles manchas superficiais. Truco: deixar secar a temperatura ambiente.

LENDA DE SÍMBOLOS

 

Non somerxer en auga.

 

Non lavar con auga.

 

Lavar con auga fría.

 

Secar a temperatura ambiente.

 

Refregar cun pano húmido.

 

Tratar cun cepillo suave.

 

Utilizar ceras.

 

Aplicar spray anti-po.