ENTORNO DE PRUEBA / TEST ENVIRONMENT

Como comprar

Comprar en PULLANDBEAR.COM é moi sinxelo

Só has de seguir os seguintes pasos:

01.

Elixe a sección (muller, home) e a familia (tipo de peza).

02.

Visualiza o/s produto/s que che interesa . A través dun clic conseguirás unha ampliación da fotografía para ver detalle e parte traseira do produto, composición, talles dispoñibles, referencia e prezo.

03.

Selecciona unha peza e engade o artigo á Túa compra. A continuación, podes elixir entre seguir comprando ou tramitar pedido.

Tamén podes engadir a peza á Túa Compra directamente dende a imaxe sen necesidade de entrar na ficha detallada de produto. Selecciona o talle e a cor do/s produto/s que desexas directamente. Para poder tramitar o teu pedido deberás facer clic na Túa Compra.

04.

Se queres seguir comprando, repite o proceso e cando queiras finalizar accede á “TÚA COMPRA” e fai clic en TRAMITAR O PEDIDO

05.

Unha vez que introduzas os teus datos, comproba que sexan correctos e preme "confirmar".

06.

Elixe se queres recoller o teu pedido nunha das nosas tendas Pull&Bear ou recibilo por correo a través das diferentes modalidades de envío dispoñibles (Estándar, Expreso, etc.), e asegúrate de que o enderezo de envío e facturación son correctas.

07.

Selecciona un método de pagamento:

Preguntas frecuentes

En que países se pode comprar online?

Actualmente podes facer a túa compra dende Alemaña (agás a illa de Helgoland e a cidade de Büsingen), Austria, Bélxica, Bulgaria, China, Croacia, Dinamarca, EE. UU, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (agás os Departamentos e Dominios de Ultramar), Grecia, Hungría, Irlanda, Italia (agás San Marino, Liviano, Campione d'Italia e as augas do Lago Lugano), Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, México, Mónaco, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Rusia, Suecia, Suíza e Turquía.

En cantos idiomas se pode navegar?

Os idiomas de navegación de PULLANDBEAR.COM son: español, inglés, holandés, alemán, polaco, portugués, holandés, francés, romanés, chinés, ruso, grego, checo, eslovaco, croata, búlgaro, letón, estoniano, lituano, grego, esloveno, italiano, éuscaro, galego e catalán.

En que idiomas se pode solicitar atención ao cliente?

Actualmente, o noso servizo de atención ao cliente cobre os seguintes idiomas: castelán, inglés, alemán, francés, italiano, romanés, ruso, chinés, polaco e holandés.

Os prezos da tenda online e a miña tenda habitual Pull&Bear son os mesmos?

Si, pero se existise calquera diferenza entre os prezos que figuran na Web, e os marcados nas etiquetas das pezas, o prezo correcto será sempre o das etiquetas.

Repoñeremos os artigos coa indicación "esgotado"?

Se un artigo está esgotado, podes solicitar que te avisemos cando o repoñamos. No caso de que volva estar dispoñible antes de 15 días, enviarémosche un correo electrónico informándote. Se non houbese máis stock, retirariámolo da web.

Recibirei o mesmo produto que vexo na foto?

Si, agás naqueles produtos con procesos artesanais nos que podería haber unha mínima diferenza no acabado.

É posible recibir información periódica no meu correo electrónico coas últimas novidades e ofertas de Pull&Bear?

Si. Só tes que subscribirte á "NEWSLETTER" de Pull&Bear enchendo o formulario que aparece ao facer clic e recibirás información sobre as últimas novidades, editoriais e eventos de Pull&Bear.

Podes encontrar este formulario facendo clic en “NEWSLETTER” na Túa Conta de usuario ou no menú da web.

Podo darme de baixa da Newsletter de Pull&Bear?

Tes varias opcións para darte de baixa.

  • Selecciona “Dar de Baixa” no formulario do apartado “newsletter
  • Podes acceder ás opcións de subscrición na “Túa conta”, accedendo ao apartado “NEWSLETTER" e desmarcando a casa. Fai clic en “ACEPTAR” para poder actualizar o cambio.
  • Ao final de cada Newsletter poderás darte de baixa facendo clic nunha ligazón, tras o que deberás introducir o teu enderezo de correo electrónico e facer clic en “DAR DE BAIXA”
  • Ten en conta que o proceso de baixa da Newsletter pode tardar en facerse efectivo ata 48 h dende a solicitude.

Como recupero o meu contrasinal esquecido?

Se esqueciches o teu contrasinal, podes recuperalo no apartado “IDENTIFÍCATE- Esqueciches o teu contrasinal?” Recibirás un correo electrónico para indicar o teu novo contrasinal e confirmalo. O teu contrasinal ha de ser alfanumérico, dun mínimo de 8 caracteres e incluír polo menos unha letra maiúscula.

Que podo facer se non consigo modificar o contrasinal?

Asegúrate de que o contrasinal contén polo menos 8 caracteres e que incluíches polo menos unha maiúscula, unha minúscula e un número. Tampouco podes introducir un contrasinal que utilizases con anterioridade.

Como podo asegurarme de ter realizado ben a miña compra?

Unha vez feito o teu pedido, recibirás un correo electrónico de confirmación. Se non o recibises, ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente.

Podo saber en que estado se encontra o meu pedido?

Si. Accede ao apartado "Pedidos realizados" da "Túa conta".

No caso de que realizase o pedido como convidado, pode comprobar o estado do pedido desde o correo electrónico de confirmación.No caso de que realizase o pedido como convidado, pode comprobar o estado do pedido desde o correo electrónico de confirmación.

Podo cancelar o meu pedido?

Si. Poderás cancelar o teu pedido dende o apartado "PEDIDOS REALIZADOS" da túa conta.

Se realizou o pedido como convidado, pode cancelar o pedido desde o correo electrónico de confirmación.

Que debo facer se me chega un artigo defectuoso?

PULLANDBEAR.COM só vende artigos en perfecto estado, polo que se, excepcionalmente, chega unha peza con algunha tara, ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente.

Que debo facer se me chega un artigo erróneo?

Se nalgunha ocasión, por erro, chega un artigo que non pediches, ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente.

A miña información persoal ten carácter confidencial?

Toda a información que compartes connosco ten carácter privado e confidencial co Grupo Inditex para o desenvolvemento, cumprimento e execución do contrato de compravenda, atender as túas solicitudes e proporcionarche información acerca dos produtos. Consulta todos os detalles na nosa Política de privacidade.

Como podo poñerme en contacto co Departamento de Atención ao Cliente?

Podes facernos chegar as túas consultas ou comentarios a través do formulario de contacto dispoñible na nosa Web, a través do teléfono ou enviando un correo electrónico a contact@pullandbear.com.

Teño que rexistrarme para poder comprar online?

En pullandbear.com é posible realizar unha compra a través da web como invitado, sen necesidade de crearse unha conta de usuario na tenda online.

Esta opción de compra está tamén dispoñible na nosa App e web mobile.

Dende PULLANDBEAR.COM recomendámosche ter unha conta de usuario, xa que facilitará a compra ao poder gardar un caderno de enderezos, as túas tendas favoritas e os datos de pagamento a través do e-wallet. Ademais, terás un histórico de pedidos, devolucións e facturas.

Si, en pullandbear.com é necesario formalizar o rexistro para poder finalizar a compra. Para consultar os modos de rexistro dispoñibles noutros países podes consultar a páxina de venda online Pull&Bear local en cada caso.

Podo realizar un pedido por teléfono?

Non, neste momento non dispoñemos desta opción.

Pagamento

Que forma de pagamento podo utilizar para realizar a miña compra?

Dispoñemos dos seguintes medios de pagamento: .

Por que razón pode ser rexeitada a miña tarxeta de crédito?

A túa tarxeta pode ser rexeitada por unha das seguintes razóns:

  • A tarxeta pode estar caducada: comproba que a túa tarxeta non exceda a data de validez.
  • Pode que se alcanzase o límite da tarxeta: consulta co teu banco que a tarxeta non excedese o importe permitido para efectuar compras.
  • Pode que algún dato introducido sexa incorrecto: comproba que encheses correctamente todos os campos necesarios.

Podo obter unha factura a nome da miña empresa?

Si. Soamente tes que marcar a opción "EMPRESA" nos datos persoais e cubrir os datos fiscais que che pedimos.

É seguro usar a miña tarxeta de crédito na web?

Si, os datos transmítense de forma segura co encriptado SSL. Para o pagamento con Visa e Mastercard só se aceptarán transaccións CES (Comercio Electrónico Seguro). Tras verificar que a tarxeta está adherida ao sistema CES, o sistema porase en contacto co banco que a emitiu para que o comprador autorice a compra. Cando o banco confirme a autenticidade, efectuarase o cargo na tarxeta. No caso contrario, o pedido será cancelado.

Para o pagamento con tarxetas de crédito e débito requírese introducir o CVV (Card Verification Value), un código imprimido na tarxeta que se utiliza como medida de seguridade nas transaccións de comercio electrónico.

Podo acollerme ao Tax Free Refund ou devolución de IVE a turistas?

Si, aplicamos o réxime de devolución de IVE a viaxeiros nas vendas por Internet a non-residentes na Unión Europea. Para máis información, ponte en contacto co noso Centro de Atención ao Cliente a través de contact@pullandbear.com.

Que debo facer se me aparece un cobramento dobre do pedido?

Pode que o movemento que vexas na túa conta sexa en realidade unha reserva do importe do teu pedido e non o cobramento. En todo caso, ponte en contacto coa túa entidade bancaria para máis información. Tamén tes á túa disposición o noso Servizo de Atención ao Cliente.

Podo pagar en tenda ao recibir o pedido?

O pagamento ten que realizarse online para poder finalizar un pedido, non é posible pagar en tenda ao recibilo. Non obstante, tes a posibilidade de probarte os artigos en tenda ao recoller o teu pedido e devolver ou cambiar aqueles cos que non esteas satisfeito.

Non teño ningún dos métodos de pagamento. Como podo realizar un pedido online?

Recomendámosche neste caso que adquiras unha tarxeta regalo en calquera das nosas tendas físicas Pull&Bear.

Podes adquirir tarxetas regalo dende un mínimo de 25 € a un máximo de 500 € (sempre han de ser múltiplos de 5 €) e nunca caducan (segundo país).

Se queres máis información ao respecto visita o noso apartado de GIFTCARD.

Envío

Onde podo recibir o meu pedido?

Podes recibilo no enderezo que elixas (domicilio, traballo...). pero nunca nun apartado de correos) ou ben na tenda Pull&Bear que desexes.

O país de entrega pode ser diferente ao de compra?

Non, o país de entrega sempre ten que coincidir co país de compra.

Canto tardará en chegar o meu pedido?

Os prazos de entrega dependen do tipo de envío seleccionado:

    As entregas realízanse de luns a venres.

    Canto hei de pagar de gastos de envío?

    • Para envíos a tenda, o envío é gratuíto.

    Podo seguir o estado do meu pedido?

    Si, a través de "A TÚA CONTA", entra en pedidos realizados e poderás ver o estado do teu pedido.

    No caso de que realizase o pedido como convidado, pode realizar un seguimento do estado do seu pedido e xestionalo desde o correo electrónico de confirmación.

    Cal é o proceso da entrega en domicilio?

    Se elixiches entrega en domicilio, enviarémosche un correo electrónico de confirmación de envío (cando o teu pedido vaia saír do almacén), outro cun número de seguimento (con ligazón á páxina web da empresa de mensaxería) e, por último, o transportista poñerase en contacto contigo mediante SMS ou correo electrónico para informarte da entrega do teu pedido.

    ¿Cal é o proceso da entrega en tenda?

    En caso de elixir a entrega en tenda, comunicarémosche a chegada da mercadoría a través dunha SMS.

    Canto tempo permanecerá o meu pedido en tenda?

    Os pedidos permanecen 10 días naturais na tenda que seleccionaches para o envío.

    Os pedidos pagados na web permanecen 10 días naturais na tenda que seleccionaches para o envío, dende que recibes o SMS de chegada.

    Os pedidos con pagamento COD (pagamento en tenda) permanecen 7 días naturais na tenda que seleccionaches para o envío, dende que recibes o SMS de chegada.

    Pode recoller outra persoa o meu pedido en tenda?

    Si. A persoa que o recolla deberá indicar o número de pedido e a nome de quen está. Por último, terá que identificarse e asinar a entrega. Non é necesario presentar unha autorización asinada ou un documento de identidade do comprador.

    Que empresa de transporte me entregará o pedido?

    Depende da zona de entrega e do tipo de envío. Cando o pedido saia do noso almacén enviarémosche un correo cos datos da empresa de transporte.

    Que acontece se non estou na casa no momento da entrega?

    Se estás ausente no momento da entrega, o transportista deixarache unha nota de aviso cos seus datos de contacto. Tamén podes chamar directamente a empresa de transportes e proporcionar o número de seguimento do pedido para acordar unha data de entrega

    Que é un Drop Point?

    Un Drop Point é un punto de recollida do teu pedido diferente ao teu domicilio ou unha tenda de Pull&Bear (por exemplo, unha gasolineira, un quiosco...).

    Serache útil en caso de non estar sempre na casa e/ou non dispoñer dun establecemento Pull&Bear próximo ao teu domicilio.

    Sigue os pasos indicados a continuación para localizar o teu Drop Point:

    • Introduce unha localización (por exemplo: código postal, enderezo, cidade...)
    • Localiza os Drop Points do teu interese e fai clic no botón SELECCIONAR para establecelo como punto de recollida.

    Devolucións

    CALES SON OS TIPOS DE DEVOLUCIÓN?

    Devolución en tenda

    Leva o teu pedido e tícket de compra en formato electrónico ou en papel a calquera tenda Pull&Bear do mesmo mercado no que realizases a compra.

    Devolución postal

    Leva os artigos que queiras devolver ao teu punto de entrega máis próximo, xunto coa etiqueta de devolución que te enviaremos por email.

    Devolución dende domicilio

    Unha empresa de transporte recollerá os artigos que queiras devolver no enderezo que indiques.

    QUERES DEVOLVER UN PEDIDO ONLINE?

    Para iniciar o proceso de devolución preme aquí

    Se realizaches a túa compra sen rexistrarte recorda que tamén podes devolver o teu pedido online dende o correo electrónico de confirmación de envío.

    COMO PODO DEVOLVER SE FIXEN A COMPRA A TRAVÉS DE IPOD EN TENDA?

    Só en tenda: Leva os artigos que desexas devolver a calquera tenda Pull&Bear do mesmo mercado no que realizases a compra, xunto co tícket en formato electrónico ou en papel.

    COMO PODO DEVOLVER SE FIXEN A COMPRA ONLINE CON PAGAMENTO EN TENDA (COD)?

    Só en tenda: Leva os artigos que desexas devolver a calquera tenda Pull&Bear do mesmo mercado no que realizases a compra, xunto co tícket en formato electrónico ou en papel.

    QUE SUCEDE SE DEVOLVO UN PRODUTO COMPRADO EN PULLANDBEAR.COM CUNHA TARXETA REGALO DE PULL&BEAR?

    O reembolso efectuarase mediante o incremento do saldo dispoñible na Tarxeta regalo sempre que a devandita Tarxeta regalo exista no momento da devolución. Se non existise por calquera motivo, o reembolso efectuarase mediante unha Tarxeta aboamento de Pull&Bear.

    PODO DEVOLVER UNHA TARXETA REGALO FÍSICA OU UNHA TARXETA REGALO VIRTUAL COMPRADA ONLINE?

    Pódese devolver sempre que non fose usada e antes de que pasen 30 días naturais, a contar dende a data de compra da Tarxeta regalo física ou da data de envío da Tarxeta regalo virtual.

    Se a devolución se fai vía PULLANDBEAR.COM non é necesario que nos envíes a Tarxeta regalo fisicamente. Cancelaremos a devandita Tarxeta regalo automaticamente e poderás destruíla.

    CAL É O PRAZO PARA UNHA DEVOLUCIÓN?

    O prazo para calquera devolución é de 30 días naturais dende a data de entrega.

    TEÑO QUE PAGAR ALGO POLA MIÑA DEVOLUCIÓN?

    Non. As devolucións en PULLANDBEAR.COM son sempre gratuítas.

    COMO RECIBIREI O IMPORTE DA MIÑA DEVOLUCIÓN?

    Unha vez aprobada a devolución, recibirás o teu importe do mesmo modo en que realizaches a túa compra. Ten en conta que se solicitas que se che envíe un regalo no momento do pedido, o reembolso efectuarase nunha tarxeta aboamento que recibirás xunto ao comprobante de devolución.

    CANDO RECIBIREI O IMPORTE DA MIÑA DEVOLUCIÓN?

    Tras aprobar a devolución (os artigos teñen que estar en perfecto estado e ter as etiquetas interiores), recibirás un email de confirmación indicándoche que o importe se aboará na túa conta nuns días.

    Recorda que o prazo do aboamento en conta depende sempre da túa entidade bancaria.

    QUE DEBO FACER SE O IMPORTE DA MIÑA DEVOLUCIÓN É INCORRECTO?

    Ponte en contacto co noso Departamento de Atención ao Cliente e solucionaremos o problema o antes posible.

    PULLANDBEAR.COM resérvase o dereito de rexeitar devolucións comunicadas ou enviadas fóra do prazo fixado ou pezas que non se encontren nas mesmas condicións nas que foron recibidas

    DEVÓLVENSE OS GASTOS DE ENVÍO SE DEVOLVO TODOS OS ARTIGOS DUN PEDIDO?

    Se devolves a totalidade dun pedido ao longo dos 14 días posteriores á compra reembolsarémosche os gastos de envío equivalentes a un pedido estándar.

    Cambio

    Podo cambiar os meus artigos?

    Se desexas cambiar os teus artigos, tes 2 opcións:

    1. Nas nosas tendas físicas podes cambialos:

    • POR OUTRO TALLE OU COR, sen necesidade de pagamento adicional e sempre que estean en perfecto estado e dispoñamos de stock en tenda.
    • POR OUTRO ARTIGO DIFERENTE, reembolsarémosche o importe a través de PULLANDBEAR.COM e poderás realizar unha nova compra na tenda..

    2. Dende o teu domicilio, se solicitas unha devolución e realizas unha nova compra online. Se escolles envío a domicilio na nova compra, deberás aboar os gastos de envío de novo.

    Cal é o prazo para efectuar o cambio?

    O prazo de cambio é de 30 días dende a data de compra.

    Podo cambiar os meus artigos en calquera tenda Pull&Bear?

    Si, sempre e cando sexa do mesmo país dende o que se realizou a compra e dispoña da mesma sección á que pertence a peza (home ou muller).

    Tecnoloxía

    Que navegadores de Internet debo usar para ver o sitio web de Pull&Bear correctamente?

    A páxina de PULLANDBEAR.COM está optimizada para ser vista en Microsoft Internet Explorer 7 ou superior, Mozilla Firefox 3.5 ou superior, Google Chrome 6 ou superior e Safari 5 ou superior.

    Podes instalar as últimas versións de cada navegador nas seguintes ligazóns:

    Que resolución de pantalla necesito?

    1024 de anchura x 768 de altura e tamaños superiores.

    É seguro comprar en PULLANDBEAR.com?

    Si. Podes comprar con total tranquilidade, pois dedicamos un grande esforzo en dispoñer de recursos cos que garantir a seguridade das túas compras e dos teus datos.

    Tarxeta regalo

    Onde podo adquirir unha Tarxeta Regalo?

    En calquera tenda física de Pull&Bear ou en PULLANDBEAR.COM. Na web, podes elixir entre unha Tarxeta Regalo Física e unha Tarxeta Regalo Virtual.

    Onde podo usar unha Tarxeta Regalo?

    Podes usala nas tendas físicas de Pull&Bear e en PULLANDBEAR.COM.

    Podo usar unha Tarxeta Regalo nun país diferente ao da súa adquisición?

    Non, a Tarxeta Regalo só se pode usar nas tendas e na web PULLANDBEAR.COM do país de adquisición.

    Onde podo consultar as condicións xerais de uso da Tarxeta Regalo?

    No menú TARXETA REGALO – CONDICIÓNS XERAIS

    Que acontece se perdo a miña Tarxeta Regalo?

    A Tarxeta Regalo é un documento ao portador. Pull&Bear non substituirá a tarxeta en caso de roubo, perda, extravío ou deterioración.

    Podo pedir a devolución do saldo dispoñible?

    Non, o saldo da Tarxeta Regalo non pode reembolsarse nin cambiarse por diñeiro.

    Podo recargar unha Tarxeta Regalo?

    Non, o saldo dispoñible soamente se incrementará en caso de devolución dun artigo pagado coa devandita Tarxeta Regalo.

    Como podo usar unha Tarxeta Regalo en PULLANDBEAR.COM?

    Selecciona o método de pagamento "Tarxeta Regalo" e introduce o número da Tarxeta Regalo (16 díxitos) e o CVV (3 díxitos).

    Como podo usar nunha tenda física unha Tarxeta Regalo recibida por correo electrónico?

    Podes imprimir a devandita Tarxeta Regalo e presentala na caixa no momento do pagamento ou ben ensinala directamente no teu móbil.

    Como podo activar unha Tarxeta Regalo física comprada en PULLANDBEAR.COM?

    No momento do pagamento, xa sexa na tenda física ou na tenda online, pedirémosche os catro últimos díxitos do teu teléfono móbil para activar a Tarxeta Regalo. Esta información facilítanola o comprador no momento de adquisición da Tarxeta Regalo. Podes tamén activala no apartado "Tarxeta Regalo – Activar Tarxeta Regalo".

    Como activo unha Tarxeta Regalo?

    Se a tarxeta se adquiriu nunha tenda física de Pull&Bear, esta activouse no momento do pagamento en caixa.

    Soamente é necesario activar as tarxetas que se compraron na tenda online PULLANDBEAR.COM, tanto se son físicas coma se son virtuais.

    Podes activar a tarxeta de dúas maneiras: nunha das nosas tendas físicas no momento do pagamento, ou a través do apartado «Tarxeta Regalo – Activar Tarxeta Regalo» da nosa web. En ambos os dous casos será necesario que nos proporciones o código de activación.

    Por que razón pode ser rexeitada a miña Tarxeta Regalo?

    A túa Tarxeta Regalo pode ser rexeitada por unha das seguintes razóns:

    • Pode ser que non che quede saldo na túa Tarxeta Regalo.
    • Pode que algún dato introducido estea incorrecto. Comproba que encheses correctamente todos os campos necesarios.

    Podo mandar unha mensaxe ou texto xunto coa Tarxeta Regalo á persoa á que lla regalo?

    Si. Tanto se compras unha Tarxeta Regalo física ou unha e-Tarxeta Regalo poderás achegar un breve texto.

    Podo devolver unha Tarxeta Regalo física ou unha e-Tarxeta Regalo comprada online?

    Pódese devolver sempre que non fose usada e antes de que pasen 30 días naturais, a contar dende a data de compra da Tarxeta Regalo física ou da data de envío da e-Tarxeta Regalo.

    Se a devolución se fai vía PULLANDBEAR.COM non é necesario enviarnos a Tarxeta Regalo fisicamente. Cancelaremos a devandita Tarxeta Regalo automaticamente e poderás destruíla.

    Que sucede se devolvo un produto comprado en PULLANDBEAR.COM cunha Tarxeta Regalo de Pull&Bear?

    O reembolso efectuarase mediante o incremento do saldo dispoñible na Tarxeta Regalo sempre que a devandita Tarxeta Regalo exista no momento da devolución. Se non existise por calquera motivo, o reembolso efectuarase mediante unha Tarxeta Aboamento de Pull&Bear.

    Debo conservar unha Tarxeta Regalo esgotada?

    Si, consérvaa durante o mes seguinte á última compra para calquera futura devolución.

    Cal é o importe polo que podo adquirir unha Tarxeta Regalo?

    O importe mínimo polo que podes adquirir unha Tarxeta Regalo é de e o máximo é de . A cantidade final sempre ha de ser un múltiplo de .

    Caducan as Tarxetas Regalo?

    Non, non teñen unha data límite de uso.

    Que é o código de activación?

    Soamente teñen código de activación as tarxetas que se compraron na tenda online PULLANDBEAR.COM, tanto se son físicas coma se son virtuais.

    Este código corresponde aos catro últimos díxitos do teu teléfono móbil. O comprador da tarxeta é quen nos proporciona esta información no momento da compra.

    Ticket regalo

    Que é o Tícket Regalo?

    É un tícket de compra que omite o importe e se inclúe nun pedido que envías como regalo para outra persoa. Ten total validez para cambios e devolucións.

    Podes seleccionalo na cesta da compra.

    Como podo facer un pedido e recibir Tícket Regalo?

    Podes solicitar un tícket regalo marcando esta opción na cesta da compra e sempre antes de comezar a tramitar o pedido.

    Ten en conta que no pedido se incluirá só o tícket regalo e ningunha copia para o comprador.

    Podo solicitar un tícket regalo despois de finalizar un pedido?

    Non, só é posible recibir tícket regalo se se solicita antes de tramitar o pedido.

    Como se realizan as devolucións de artigos comprados con tícket regalo?

    Ao realizar a devolución cun tícket regalo recibirás unha tarxeta aboamento polo importe da devolución. Esta tarxeta aboamento é válida para as tendas físicas de Pull&Bear e a tenda online PULLANDBEAR.COM.

    Como se devolve o importe do pedido?

    Xérase unha tarxeta regalo virtual imprimida no tícket de devolución.

    Podo cambiar un artigo que me regalaron?

    Podes cambialo polo mesmo artigo noutro talle ou cor en calquera tenda de PullandBear do país de compra. Para máis información "pica aquí"

    Como podo solicitar unha recollida a domicilio dun artigo que me regalaron?

    Terás que poñerte en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente para que poidamos organizarche unha recollida a domicilio. Recordámosche que podes acudir a unha tenda Pull&Bear do país da túa compra.

    Contacto / Atención ao cliente

    Como podo poñerme en contacto co Servizo de Atención ao Cliente de Pull&Bear?

    Para calquera consulta relacionada con venda online, podes poñerte en contacto a través das seguintes canles:

    Para consultas relacionadas con establecementos Pull&Bear:

    Horario de atención ao cliente:

    ¿Cómo puedo realizar una reclamación online?

    Ponte en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente en primeiro lugar, para que poidamos tratar de axudarte co que necesites.

    Finalmente, se o desexas poderemos facerche chegar unha folla de reclamacións.

    Como podo realizar unha reclamación sobre unha tenda?

    Podes escribirnos a través do formulario da nosa web «tendas e empresa» que verás no menú inferior da nosa páxina.

    Como podo facer propostas de melloras?

    Podes facernos chegar as túas propostas a través do formulario de contacto que encontrarás no menú inferior da nosa web. Estaremos encantados de recibir os teus comentarios!

    Compra a través de iPod en tenda

    COMO PODO COÑECER O ESTADO DUN PEDIDO QUE ME REALIZARON EN TENDA?

    Unha vez realizada a compra a través de IPOD en tenda, recibirás un sms/email onde se che informará sobre o estado do pedido.

    COMO PODO DEVOLVER?

    Só en tenda: Leva os artigos que desexas devolver a calquera tenda Pull&Bear do mesmo mercado no que realizases a compra, xunto co tícket en formato electrónico ou en papel.

    COMO RECUPERO O IMPORTE DA COMPRA AO REALIZAR A DEVOLUCIÓN?

    Recibirás o importe da devolución a través do mesmo método de pagamento que utilizases para a compra.

    PODO DEVOLVER EN CALQUERA TENDA PULL&BEAR?

    Podes devolver a totalidade ou parte do pedido en calquera tenda de Pull&Bear do mesmo mercado de compra.

    EN QUE TENDAS ESTÁ DISPOÑIBLE A OPCIÓN DE VENDA CON IPOD?

    Para coñecer as tendas máis próximas nas que podes realizar un pedido con iPod ponte en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente.

    Dispoñibilidade de artigos

    Como podo saber se un artigo está dispoñible?

    Para saber se un artigo está dispoñible na tenda online simplemente introduce a referencia no buscador da nosa web.

    E se non teño a referencia?

    Necesitamos a referencia porque, debido á gran cantidade de artigos e ás numerosas actualizacións que realizamos, sen ela nos resulta moi difícil identificar e non confundir o artigo ao que te refires.

    Animámoste a que lle botes unha ollada ás nosas coleccións e perfís en redes sociais para ver se localizas o artigo e a súa referencia.

    Se finalmente non chegas a localizar a devandita referencia invitámoste a enviarnos a foto por correo electrónico para poder realizar co departamento correspondente as verificacións necesarias para informarte sobre a túa consulta.

    Como podo usar a aplicación Scan na App?

    Simplemente abre a aplicación e escanea a etiqueta dun dos artigos de Pull&Bear. Serás direccionado á páxina de compra do produto en PULLANDBEAR.COM.

    Están dispoñibles os artigos de tempadas pasadas?

    Non, só están á venda artigos da tempada actual.

    Se tes a posibilidade, podes achegarte a algún dos nosos outlet:

    THE STYLE OUTLETS GETAFE

    Río Guadalquivir, 28906 Xetafe, Madrid

    +34 916918613

    SEVILLA FACTORY AEROPUERTO

    Polígono industrial Los Espartales, 41309 La Rinconada, Sevilla

    +34 954511926

    FACTORY VILA DO CONDE

    Avenida Fonte Cova, 4485-592 Vila do Conde, O Porto

    +351 229260658

     ALCOCHETE

    Avenida Euro 2004 Estrada Nacional 199 KM 1.5, 2890-186 Alcochete, Setúbal

    +351 212340342

    Como podo coñecer a equivalencia de talles?

    Táboa de equivalencias: Italia - México - UK

    Onde podo encontrar unha guía de talles?

    En la página de cada producto, a la derecha de cada foto encontrarás una guía de tallas. Te invitamos a consultar nuestra sección “Guía de Tallas“.

    Si a pesar de todo continúas teniendo dudas, ponte en contacto con nuestro servicio de Atención al Cliente.

    Como podo coñecer o longo dun pantalón?

    Todos os nosos pantalóns teñen máis ou menos a mesma medida para o longo. Para homes están deseñados para unha estatura de 1,85 metros e para muller, para unha estatura de 1,72 metros.

    Gustaríame ter máis información sobre a composición e consellos de lavado dun artigo.

    Non hai problema! Podes poñerte en contacto co noso Servizo de Atención ao Cliente e indicarnos a referencia.

    Descontos e códigos promocionais

    Como podo utilizar un código de desconto?

    Os códigos de desconto introdúcense xusto antes de completar o pagamento e finalizar o pedido.

    Cando esteas no paso de pagamento, introduce o código que che proporcionamos no campo «código promocional» no paso “3.Pagamento” e fai clic en aceptar. Neste momento poderás ver o desconto reflectido no importe final da compra.

    Non esquezas que os códigos promocionais teñen unha data de caducidade, non son acumulables con outras ofertas e son válidos exclusivamente na tenda online e para un só uso.

    Se teño un código, o desconto aplicarase automaticamente?

    Unha vez que introduzas o código no campo «código promocional» e fagas clic en aceptar verás o desconto reflectido no importe final da compra.

    Como podo saber cando será a próxima promoción en PULLANDBEAR.COM?

    Anunciamos as nosas promocións na páxina de inicio da nosa web, publicacións en redes sociais, newsletters e mensaxes push da nosa App.

    Podo cambiar un artigo que comprei durante unha promoción?

    Podes cambiar os artigos comprados en promoción en calquera tenda física de Pull&Bear sempre e cando estean dispoñibles.

    En caso de que os artigos estean esgotados na túa tenda máis próxima e decidas facer unha nova compra online, o prezo que hai que pagar será o que se mostre na nosa web nese día.

    Modificacións de datos e pedidos

    Como podo modificar os datos de acceso á miña conta?

    Para modificar los datos de acceso tienes que abrir sesión en tu cuenta. En el apartado «datos de acceso» puedes modificar la contraseña y la dirección de correo electrónico vinculados a tu usuario.

    Como podo modificar o enderezo de entrega predeterminada na miña conta?

    Tes que acceder á túa conta, ao apartado «libro de enderezos», onde podes engadir novos enderezos e modificar ou eliminar os que xa tes.

    Podes modificar tamén o enderezo no paso «envío» do proceso de compra, pero os cambios que realices non se gardarán para futuras compras.

    Podo modificar o método ou a tenda de envío do meu pedido?

    Non é posible modificar o método de envío dun pedido finalizado. Se aínda non saíu de almacén, podes cancelalo e realizar unha nova compra corrixindo o método de envío. Ten en conta que no tempo transcorrido ata o teu novo pedido algún dos artigos pode esgotarse.

    Podo engadir, eliminar ou cambiar artigos dun pedido xa realizado?

    Non é posible modificar o contido dos pedidos finalizados. Se aínda non saíu de almacén, podes cancelalo e realizar unha nova compra. Ten en conta que no tempo transcorrido ata o teu novo pedido algún dos artigos pode esgotarse.

    Que podo facer se a miña conta está deshabilitada?

    As contas deshabilítanse automaticamente cando se introducen varias veces datos de acceso incorrectos. Para poder acceder de novo tes que poñerte en contacto co noso Servizo de Atención ao Cliente.

    Compra online con pagamento en tenda (COD)

    COMO PODO COÑECER O ESTADO DUN PEDIDO ONLINE CON PAGAMENTO EN TENDA (COD)?

    Unha vez realizada a compra a través da web, recibirás un sms/email onde se che informará sobre o estado do pedido.

    COMO PODO DEVOLVER?

    Só en tenda: Leva os artigos que desexas devolver a calquera tenda Pull&Bear do mesmo mercado no que realizases a compra, xunto co tícket en formato electrónico ou en papel.

    COMO RECUPERO O IMPORTE DA COMPRA AO REALIZAR A DEVOLUCIÓN?

    Recibirás o importe da devolución a través do mesmo método de pagamento que utilizases para a compra.

    PODO DEVOLVER EN CALQUERA TENDA PULL&BEAR?

    Podes devolver a totalidade ou parte do pedido en calquera tenda de Pull&Bear do mesmo mercado de compra.