ENTORNO DE PRUEBA / TEST ENVIRONMENT

Concepto

AN EVER YOUNG COMMUNITY

Pull&Bear arranca no ano 1991 con clara vocación internacional e coa intención de vestir a xuventude comprometida coa súa contorna, que vive en comunidade e se relaciona entre si. Unha xuventude que viste de forma relaxada, fuxindo dos estereotipos e que quere sentirse ben co que leva. Para estes mozos e mozas, Pull&Bear recolle as últimas tendencias internacionais, mestúraas coas influencias que marca a rúa e os clubs de moda, e reinterprétaas ao seu estilo para transformalas en pezas cómodas e doadas de levar, sempre ao mellor prezo.

Pull&Bear evoluciona de forma paralela ao seu cliente, sempre atento ás novas tecnoloxías, aos movementos sociais e ás últimas tendencias artísticas ou musicais. Todo iso se ve reflectido non só nos seus deseños, senón tamén nas tendas. Inspirada na mítica cidade californiana de Palm Springs, a renovación da oferta é constante. Dúas veces por semana todas as tendas do mundo reciben nova mercadoría.

Pertencente ao Grupo Inditex (Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe), Pull&Bear está presente en 76 mercados cunha rede de máis de 970 tendas e a tenda online.

Historia

1991

Nace a cadea de tendas de moda Pull&Bear, froito dunha estratexia de segmentación de mercados iniciada polo Grupo Inditex. É neste momento cando o home demanda unha moda de estilo básico influenciada polas tendencias internacionais, unha moda que, ademais, se adapte rapidamente ás súas necesidades respectando tres premisas fundamentais: moda, prezo e calidade. A idea que impulsa a Pull&Bear é achegar a moda á xente.

1992

A capacidade de entender o concepto de moda global, xunto a unha agresiva política de prezos, facilita a súa expansión internacional a partir de 1992, abrindo as primeiras tendas en Portugal.

1995

Pull&Bear chega a Grecia e Malta, onde se afianza rapidamente en ambos os mercados.

1997

Primeiras aperturas en Israel.

1998

Arranca a primeira colección para muller. Así mesmo, á liña de Pull&Bear únese a de Xdye, que ofrece pezas de roupa máis deportivas e tecnolóxicas e que se vincula desde o principio ás iconas coas que conviven os mozos do século XXI: música, tecnoloxía, movementos artísticos, problemática social... Este mesmo ano créase a primeira páxina web e ábrense as primeiras tendas en Chipre.

1999

As novas liñas de produto fomentan a creación de tendas onde a música, a tecnoloxía, os videoxogos e as imaxes de vídeo se mesturan coa roupa para ofrecerlles aos clientes un auténtico estilo de vida.

2000

Abre as súas portas a primeira tenda de Pull&Bear en Kuwait.

2001

Incorpórase ás tendas unha nova liña de roupa, Sickonineteen, tamén dirixida a un público novo. Emiratos Árabes Unidos, Irlanda e Venezuela son os novos mercados de Pull&Bear este mesmo ano.

2002

Inaugúranse tendas en México, Xordania, Bahrain, Qatar e Líbano.

2003

Primeiras tendas en Andorra e Eslovaquia.

2004

Pull&Bear chega a Romanía e Rusia.

2005

Empezan as primeiras tendas en Francia, Italia, Turquía e República Checa.

2006

O Salvador, Lituania, Polonia e Singapur son os novos mercados.

2007

Pull&Bear chega aos mercados de Eslovenia, Bélgica, Reino de Arabia Saudí, Guatemala, Letonia, Malasia, Serbia e Hungría.

2008

Entrada nos mercados de Indonesia, Montenegro, Reino Unido e Exipto. Pull&Bear comeza a publicar o seu catálogo exclusivamente a través da súa web, para evitar o consumo de papel e reducir así o seu impacto ambiental. O proxecto complétase coa axuda á reforestación da Reserva da Biosfera Sierra Gorda en México, comprometéndose simultaneamente co cambio climático e a pobreza das comunidades locais.

2009

Croacia, Ucrania, Estonia e China son os novos mercados.

2010

Incorpóranse tendas a Bulgaria, Macau, Hong Kong e Kazakhistán.

2011

Pull&Bear comeza a operar en Países Baixos, Marrocos e Corea. O 6 de setembro ponse en marcha por primeira vez a tenda en liña. Pull&Bear celebra o seu vinte aniversario (1991-2011) cunha colección de edición limitada para nenos, Pull&Bear for Kids. Ademais, créase unha liña Premium masculina, Pull&Bear Heritage, orientada a un público máis adulto que foi medrando coa marca.

2012

Primeiras aperturas de tendas en Austria, Acerbaixán, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Colombia, Ecuador, Xeorxia, Honduras, Macedonia, República Dominicana e Tailandia. En Suiza, Suecia, Mónaco, Luxemburgo e Dinamarca Pull&Bear opera exclusivamente a través da Internet.

2013

Primeiras tendas en Alemaña, Costa Rica, Panamá e Taiwán. Inaugúrase a tenda online en Romanía. Ponse á venda unha primeira colección de denim proveniente de algodón orgánico.

2015

Lanzamento da primeira campaña global, Be More Barrio. Apertura das primeiras tendas físicas en Suíza e Suecia.

2016

A tenda online de Pull&Bear amplía a súa presenza a 12 novos mercados europeos e xa está presente nun total de 33 en todo o mundo Primeiras tendas físicas en Nicaragua e Luxemburgo.

2017

Primeiras aperturas de tendas físicas en Belarús e Vietnam. A marca convértese na principal patrocinadora da Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro, unha importante competición de surf, e desenvolve un proxecto medioambiental que involucra a recollida e reciclaxe de residuos.

2018

Pull&Bear lanza a súa primeira colección cápsula Join Life, que é a etiqueta que utiliza o Grupo Inditex para identificar as prendas creadas coas mellores materias primas e procesos sostibles.

Coleccións

Pull&Bear leva á rúa as últimas tendencias internacionais en forma de pezas de roupa fáciles, cómodas e desenfadadas. As coleccións de Pull&Bear están pensadas para vestir homes e mulleres novos de mentalidade, tendo en conta que a idade xa non é unha barreira á hora de elixir o noso vestiario.

Tanto para os rapaces como para as rapazas, Pull&Bear ten dúas liñas completamente diferenciadas. Por un lado, os "teenagers" atoparán nas súas tendas as liñas máis desenfadadas en forma de suadoiros, camisetas, texanos, bermudas, zapatillas e gorras, e co algodón como tecido principal.

A segunda liña está dirixida a rapaces e rapazas algo máis adultos que foron crecendo coa marca. Para eles, Pull&Bear crea pezas de roupa inspiradas nas últimas tendencias internacionais para usar tanto de día como de noite, e tanto para levar ao traballo como para usar no seu tempo de ocio. Esta liña adapta as ditas tendencias ás necesidades dos clientes de Pull&Bear, relaxándoas e converténdoas en pezas de roupa fáciles de levar.

A colección téxtil vese reforzada polas liñas de calzado, complementos, bixutería, fragrancias, auriculares, longskates e lentes de sol.

Cifras

Tendas Pull&Bear / ano:

En tan só 27 anos, Pull&Bear abriu 970 tendas nas principais rúas e centros comerciais de 76 mercados. A tendencia cara á globalización da moda, que Pull&Bear soubo imprimir ás súas coleccións, facilitou o rápido crecemento dos puntos de venda. Todo iso grazas a un equipo novo de 12.500 profesionais que, co seu espírito emprendedor, a súa implicación e o seu entusiasmo, lograron facer de Pull&Bear unha realidade.

A cifra de vendas ao peche de 2017 elevábase a 1.747 millóns de euros, un 12 % máis que no ano 2016. En total, comercializáronse máis de 139 millóns de artigos, dos cales máis de 32 millóns eran camisetas.

Grupo Inditex

Inditex é un dos principais distribuidores de moda do mundo, que conta con oito formatos comerciais (Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe) e cunha rede de máis de 7.400 tendas en 96 mercados.

O Grupo Inditex reúne máis dun centenar de sociedades vinculadas coas diferentes actividades que conforman o negocio do deseño, fabricación e distribución téxtil.

O cliente é o centro de noso particular modelo de negocio, baseado na innovación e a flexibilidade. A nosa forma de entender a moda –creatividade e deseño de calidade e unha resposta áxil ás demandas do mercado– permitiron unha rápida expansión internacional e unha excelente acollida social de todos os formatos.

Se queres máis información, podes consultar a web corporativa do grupo:

www.inditex.com

OFICINAS NO MUNDO
OFICINAS CENTRAIS
Pull&Bear España, S.A.
Polígono Industrial Río do Pozo
Av. Gonzalo Navarro 37-43
15578 Narón (A Coruña) - España
T. +34 981 334 900
ALEMAÑA
Mönckebergstrasse, 11
20095 Hamburgo
T. 49+40 30962222
ANDORRA
Av. Meritxell, 91 - 1r pis
Andorra - 500
T. +376 827 340
ARABIA SAUDITA
Al Hokair Group
Al Ajlan Center, Olaya Street
Riyadh
Tel: +966 1 4350000
AUSTRIA
21, Hegelgasse Top7
1010 Wien
T. +43 151279140
AZERBAIXÁN
Galleria Nazgiz
340 AZ 1005 Baku
T. 994+12 4968896
BAHRAYN
Zahnoor Trading
The financial Center 7th Floor
Bahrain Financial Harbour
King Faisal Highway
Manama
T. + 973 17507979
BOSNIA E HERCEGOVINA
Tešanjska 24 a
71000 Sarajevo
T. + 387 33 943 390
BULGARIA
Totleben Boulevard, 55
1606 Sofía
T. +35 928 05 7105
BÉLXICA
Rue du Marais 49-53
1000 Bruxelas
T. +32 22210261
CHINA
31F, Shanghai Longemont Yes Tower No. 369
Kaixuan Road - Changning District
200051 Shanghai
T. + 86 21 6161 1900
CHIPRE
Moda Joven LTD.
Arch. Makarios Avenue, 48
P.O. Box 24715
1303 Nicosia
T. + 357 22 760888
COLOMBIA
TEXMODA, S.A
Vereda de Fusca
Km 21. Chía- Cundinamarca
BOGOTA
T. +57 1 6672200
COREA DO SUR
17th Fl. Lotte
Shopping Bldg
Sogong-dong joong gu korea
6538
Seoul
T. + 822 2341 39800
COSTA RICA
C.C. Multiplaza Escazu
San Rafael de Escazú – San José
T. +503 22 45 30 00 0
CROACIA
Radnicka Cesta, 80
10000 Zagreb
T. + 385 16396102
E.A.U.
Azadea Group
Deira City Center
MAF Tower
22700 Dubai
T. + 971 4 2944244
ECUADOR
Avda los Shyris/ Calle Comercio
Quito
T. 59+3 23824192
EE. UU.
500 Fifth Avenue Suite 400
10110 NEW YORK, NY
T. 1 212 3551415
EL SALVADOR
Almacenes Simán El Salvador
Centro Comercial Galerías
Paseo General Escalón, 3700
800 San Salvador
T. + 503 22453000
ESLOVAQUIA
Rybná 682/14
110 00 Praha 1
T. +420 224 239 873
ESLOVENIA
PULL&BEAR S, d.o.o.
Ameriška 8
1000 Liubljana
T. + 386 8 384 96 22
ESTONIA
TC Apranga
Kirtimu Street, 51
2244 Vilnius
Lituania
T. + 370 52390808
EXIPTO
Variety Multimedia Store
Virgin Mega Store, 2nd. Floor
City Stars Mall
Omar Ebn El Hatab Road
Heliópole Cairo
T. + 20 224802240
FRANCIA
Immeuble Garonne
Av. des Terroirs de France, 80
75012 París
T. + 33 1 55788888
FYROM
ITXR Makedonija DOOEL, Bul.Partizanski odredi
br.15A,100 Skopje
T. + 38+9 23240030
GRECIA
Stadiou 59
10551 Athens
T. + 30 2103243101
GUATEMALA
Almacenes Simán Guatemala
Centro Comercial Los Próceres
Calle 18 - Zona 10
Guatemala
T. + 502 2444 7500
HOLANDA
Nieuwezijds Voorbugwal, 305
1012 RM AMSTERDAM
T. +31 20 5305660
F. +31 20 5305663
HONDURAS
Residencial Lomas del Mayab
Mall Multiplaza 1er nivel local 1011
Tegucigalpa
T. +504 2202-8400
HONG KONG
Suite 3401-5, Tower 2 - The Gateway
Canton Road - Tsim Sha Tsui, 25
Kowloon
Hong Kong
T. + 852 37180000
HUNGRÍA
Kristof Ter 2 - Váci Utca, 6
1053 Budapest
T. + 36 1 3270200
INDONESIA
Wisma 46 Kota BNI
Jl. Jendral Sudirman, 1
10220 Xakarta
T. + 622 1 5145808
IRLANDA
Fifth Floor,
Block 5 Harcourt Centre,
Harcourt Road,
Dublin 2
T. + 44 207 851 4300
ISRAEL
GOTTEX FASHION
Yony Netanyahu Street, 1
60200 Tel Aviv
T. +972 35387888
ITALIA
Largo Corsia dei Servi, 3
20122 Milano
T. + 39 028180081
KAZAKHSTÁN
Al Hokair Group
Al Ajlan Center, Olaya Street
Riyadh
(Arabia saudita)
Tel: +966 1 4350000
KUWAIT
GROUP SEVEN FOR TRADING
Al Bahar Center
Hawalli Governorate, Tunisia Street, 61
22068 Al Kuwait
T. + 965 2225 1444/0
LETONIA
TC Apranga
Kirtimu Street, 51
2244 Vilnius
Lituania
T. + 370 52390808
LITUANIA
TC Apranga
Kirtimu Street, 51
2244 Vilnius
T. + 370 52390808
LÍBANO
United Nations Street - Jnah
(Próximo ao Sindicato de Enxeñeiros)
Beirut
T. + 961 (1) 835111
MALAISIA
PRASAN FASHIONS (M) SDN BHD
RSH GROUP MALAYSIA
Lot 691
Kompleks Hamodal 5
Jalan Lagoon Selatan, Off Jalan Kewajipan
47500 Subang Jaya
Selangor Darul Ehsan
T. + 60 35123 2668
MALTA
BIG BON
UB 29 Industrial Estate
SGN 09 San Gwann
T. + 356 21 48 40 51
MARROCOS
18, Immeuble
Massimo
Boulevard Massira
20100
Casablanca
T. + 212 522363310
MONTENEGRO
DELTA P FASHION LTD.
Knez Mihailova Street, 11-15
Belgrado
(Serbia)
T. + 381 112622363
MEXICO
CORPORATIVO TERRET
Blvd. Miguel de Cervantes Saavedra 301
3er piso en la Colonia Granada,
C.P: 11520 Ciudad de México, CDMX.
Teléfono +52 55 5078 – 2000.
PANAMA
Via España 177
Plaza Regency - Piso 14
Panama City
T. + 50 73665500
POLONIA
Mysia Street, 5
496 Varsovia
T. + 48 22 5965150
PORTUGAL
Avenida Fontes Pereira de Melo, 49
1050 - 120 Lisboa
T. + 351 21 3183900
QATAR
ARDA TRADING
ALMANA CENTER 2nd. Floor
Al Sadd Street
Doha
T. + 974 4322288
REINO UNIDO
Lumina House
89 New Bond Street,
London W1S 1DA
Tel: +44 20 7851 4300
REPÚBLICA CHECA
Rybná 682/14
110 00 Praha 1
T. +420 224 239 873
REPÚBLICA DOMINICANA
Felipe Vicini Perdomo nº55
Santo Domingo
T. 1+ 809 6890 167
ROMANÍA
Corneliu Coposu Boulevard
Sector 3, 2A
30605 Bucarest
T. + 40 317309272
RUSIA
Gasheka Street, 6
125047 Moscova
T. + 8 495 643 1355
SERBIA
DELTA P FASHION LTD.
Knez Mihailova Street, 11-15
Belgrado
T. + 381 112622363
SINGAPUR
RSH GROUP SINGAPORE
Wisma Gula
MacPherson Road, 190
348548 Singapur
T. + 65 6 7466555
SUECIA / DINAMARCA / NORUEGA / FINLANDIA
Sverige AB, Klara Norra Kyrkogata 29
111 22 STOCKHOLM
T. +46 8 54522900
SUÍZA
Rue Louis d'Affry 6
1700 Friburgo
T. +41 26 350 16 60
F. +41 26 350 16 61
TAILANDIA
999/9 Central World
Unit nº1908 - 19 floor Rama 1 Road
1033 Bangkok
T. + 66 26461388
TAIWÁN
Rm. 903, No.88, North Dun Hua Road
Song Shan District, Taipei, Taiwán
T. + 8886 2 2778-2111
TURQUÍA
MM Plaza
Nispetiye Mahallesi Başlık Sokak No:3 Kat:4
Levent Beşiktaş İstanbul
T. + 90 212 386 81 01
T. + 90 212 386 81 02
UCRAÍNA
Business Center Leonardo
Bogdana Khmel'nyts'kogo, 17/52
1001 Kiev
T. + 38 044 4958801
VENEZUELA
Edificio Gelomaca
Calle Élice con Avda. Libertador
Chacao
1060 Caracas
T. + 58 212 211 4100
XEORXIA
Lvovis q.,56
Tbilisi Georgia
T. 995+32 2485636
XORDANIA
AFZA TRADING
ZARA BUILDING, 1st. Floor
Sweifeyeh, Alwakalat Street
11180 Ammán
+ 96265825394
+ 96265825276
+ 96265825272

Tendas

Localizador de tendas

O interior das tendas está deseñado para darlle a máxima relevancia á exposición da moda. A distribución dos espazos, o mobiliario, a iluminación, a música, os visuais e todos os materiais están estratexicamente elixidos para ofrecerlle a máxima liberdade ao cliente na súa elección. As tendas, como as coleccións, están vivas. Un equipo interno de interioristas introduce novidades constantemente para adaptarse ás esixencias dos clientes e para crear tendas dinámicas e únicas. A flexibilidade é clave. Por iso, cada proxecto trátase de xeito individual para adaptalo ás necesidades de cada espazo.

A nova tenda leva a un novo nivel o concepto californiano que se inspira na emblemática atmosfera de Palm Springs e outros escenarios da Costa Oeste estadounidense. Ademais de este tipo de tenda de marca rexistrada, introducíronse algunhas novidades para unha maior visibilidade do produto e unha experiencia de compra máis útil e pracenteira. Polo xeral, a decoración é máis sinxela e o mobiliario máis baixo, o que permite unha visión máis ampla do espazo. A tenda recibe aos visitantes cunha sensación máis acolledora, creada pola combinación de tres tipos de acabado: texturas brancas, madeira e metal galvanizado.

A iluminación é outra das novidades clave, tanto no interior, onde se centra nas prendas, coma no exterior, onde as pantallas LED se suman ás luces interiores para xerar unha enerxía especial. A sostibilidade é esencial. Toda a madeira utilizada provén de producións forestais certificadas que garanten a madeira trazable. A tenda tamén dá un gran salto na integración do comercio electrónico co punto de venda físico. A variedade de servizos online é máis visible en tenda, onde se mostran mensaxes que trazan unha actividade máis afín entre a tenda online e a física: dúas áreas que están cada vez máis interconectadas como parte dunha experiencia de compra única.

Destaca tamén o esforzo de Pull&Bear en materia de ecoeficiencia. Ademais de optar á certificación LEED –que recoñece o seu compromiso ambiental á hora de proxectar os puntos de venda– nos seus flagships de Madrid e Rotterdam, todas as tendas se deseñan valorando aspectos como o aforro de enerxía, a eficiencia no uso da auga, a redución de emisións de CO2, a mellora da calidade ambiental interior, unha axeitada administración dos recursos e a sensibilización sobre o impacto ambiental.

Traballa connosco

Buscamos continuamente xente con ganas de aprender e que crea no que fai, xente con actitude. A cultura corporativa de Pull&Bear baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta e un alto nivel de esixencia. Estes principios son a base do compromiso persoal cunha tarefa que está enfocada á satisfacción dos nosos clientes.

Pull&Bear ofrécelles aos seus empregados un ámbito dinámico e internacional onde se valoran as ideas e se aposta pola promoción interna. E non é unha utopía. Unha gran parte do equipo directivo comezou nas tendas. Ademais, cremos na estabilidade no emprego e na formación continua. Se estás interesado en traballar connosco, os límites só os porás ti.

Se desexas coñecer todas as ofertas que temos dispoñibles tanto en servizos centrais coma nas tendas, ou simplemente queres deixarnos o teu currículo,

podes facelo a través do portal de emprego de Inditex premendo aquí.

Inditex

Franquías

Desde o ano 1995, Pull&Bear baseou a súa expansión internacional nunha combinación de tendas propias e en franquía. A través do sistema de MASTER FRANQUÍA, abriu puntos de venda en Acerbaixán, Andorra, Arabia Saudita, Armenia, Bahrain, Chipre, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Emiratos Árabes Unidos, Eslovenia, Estonia, Exipto, Filipinas, Guatemala, Honduras, Indonesia, Israel, Kuwait, Letonia, Líbano, Lituania, Malaisia, Malta, Marrocos, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Qtar, República Dominicana, Singapur, Tailandia, Tunisia, Venezuela, Vietnam, Xeorxia, Xordania.

Como excepción a esta fórmula de MASTER FRANQUÍA, en Albania, Alemaña, Austria, Belarús, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, China, Corea, Croacia, Eslovaquia, España, Francia, Grecia, Hong Kong, Hungría, Irlanda, Italia, Kazhakhstán, Luxemburgo, Macau, Macedonia, México, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia, Suíza,Taiwán, Turquía e Ucraína, as tendas Pull&Bear son propias e non existe a posibilidade de obter unha franquía da nosa cadea.

Cada MASTER FRANQUÍA de Pull&Bear dispón dunha área xeográfica en exclusiva para desenvolver tendas da súa propiedade, non existindo a opción de concederlles subfranquías a terceiros ou a venda por xunto.

O perfil habitual dun MASTER FRANQUÍA é o dunha compañía con experiencia en distribución retallista, preferentemente de moda, e con capacidade financeira e de xestión abonda para lograr un óptimo desenvolvemento de tendas Pull&Bear na súa área operada en franquía.

Pull&Bear basea o seu éxito internacional no mantemento da súa personalidade en cada mercado no que ten presenza. Por iso, todos os aspectos relativos á súa imaxe han de ser coherentes coas directrices da cadea: situación e superficie das tendas, a súa decoración, o persoal de cara ao público e o merchandising.

As tendas Pull&Bear deben estar situadas nas rúas principais ou centros comerciais de núcleos urbanos. Os estándares dos puntos de venda son: 750 metros cadrados, con 18 metros de fachada e 4,5 de altura libre.

Pull&Bear subministrará ao franquiciado todos os elementos necesarios para a apertura de cada tenda e durante a vida do negocio asistirá ao franquiciado coas persoas e o knowhow necesarios para garantir a boa evolución da ou das tendas do país.

Cada temporada, Pull&Bear España efectuará un envío inicial de mercadoría ou recibirá a visita do persoal da franquía encargado de realizar a selección de artigos para o seu mercado. Posteriormente, e durante o tempo que dure a campaña, Pull&Bear España enviará dúas veces por semana a oferta de artigos dispoñibles no Almacén Central mediante un sistema informatizado. Os pedidos serán recibidos polo franqueado, en condicións CIF, nun prazo de entre 2 e 4 días en calquera parte do mundo.

O investimento mobiliario e inmobiliario, administración, finanzas, persoal, aspectos legais... serán xestionados polo propio franqueado.

As condicións económicas, prezos de venda, prezos de custo e royalties analízanse para cada caso en concreto, dependendo das peculiaridades de cada país.

Sede sostible

Desde 2016, Pull&Bear conta cunha nova sede central en Narón (A Coruña, España), que cumpre estándares ambientais máis esixentes. Así o acredita a súa Certificación LEED ouro, o maior recoñecemento en sostibilidade de edificios e construcións.

A localización sostible da sede formula un escenario plenamente consciente do seu ámbito: o aparcadoiro inclúe prazas reservadas para bicicletas e coches eléctricos, creouse un amplo espazo axardinado para uso dos empregados que se rega con auga reciclada e restaurouse a parcela anexa á sede utilizando especies autóctonas para dar continuidade aos hábitats existentes na zona.

O deseño do edificio permite un aforro enerxético dun 18 % en comparación cun edificio convencional. Cunha estrutura exterior adaptada á súa orientación e unha estratexia de control solar mediante grandes pranchas exteriores, aprovéitase ao máximo a luz natural para contribuír aos esforzos de eficiencia enerxética.

O uso racional da auga permite un aforro do 50 % de auga potable grazas á instalación de billas con sensores, que reducen a auga desperdiciada, e ao uso dunha depuradora propia que permite tratar a auga usada para a súa reutilización no rego e nas descargas dos baños, co que se completa o ciclo de uso da auga.

A promoción da reciclaxe está presente desde a construción mesma do edificio, na que se empregaron elementos con contido reciclado para minimizar a extracción de materias primas, ata o día a día dos traballadores, que teñen á súa disposición espazos e colectores adecuados para a selección e posterior reciclaxe de materiais.

A calidade do ambiente interior garántese con diversos sistemas e accións que permiten optimizar a calidade do aire na oficina: desde sensores que controlan os niveis de CO2 ata filtros no sistema de ventilación para evitar a entrada de elementos contaminantes, pasando polo uso de pinturas e adhesivos con baixo contido de compostos orgánicos volátiles.

En suma, trátase dunha nova oficina concibida para minimizar o seu impacto sobre o ámbito natural e para maximizar a calidade ambiental dos traballadores.

Proxecto For&From

Pull&Bear sumouse en setembro de 2016 ao proxecto ‘for&from’ do Grupo Inditex para a integración sociolaboral de persoas discapacitadas. Para a súa primeira tenda ‘for&from’, Pull&Bear elixiu unha das súas localizacións históricas, en pleno centro da cidade de Ferrol (España), a só uns quilómetros da sede central da marca. Esta tenda, aberta en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), é a undécima dentro do programa de Inditex.

O establecemento comercializa produtos de campañas anteriores a prezos reducidos. Está xestionado, en réxime de franquía especial, por varias persoas con diferentes tipos de discapacidade, tanto física coma intelectual. O proxecto de Pull&Bear ‘for&from’ contou con Brooklyn Beckham como padriño de excepción.

O programa ‘for&from’ converteuse nunha referencia para a integración sociolaboral de persoas con discapacidade, en colaboración con entidades sociais especializadas en accións de inclusión. O proxecto naceu en 2002 cunha pequena tenda de Massimo Dutti en Palafolls (Barcelona, España) e, actualmente, consta dunha rede de once establecementos cun cadro de persoal total de 90 persoas con discapacidade.

Entre os obxectivos deste proxecto destacan a creación de postos de traballo para persoas con discapacidade, a concienciación da sociedade acerca da importancia da integración destas persoas, a xeración de recursos económicos para as entidades sen ánimo de lucro que colaboran no programa, o fomento da participación de empregados de Inditex en proxectos sociais e a contribución á política de responsabilidade social de Inditex.